Logo Lúpulo Gallego
Inicio Produtos Servizos Calidade Contacto

Galego | Castellano

Departamento R. Calidade R. Calidade Administradora



FICHA TÉCNICA DOS PRODUTOS


DESCRICIÓN DOS PRODUTOS


Materia prima

Humuluslupulus L.

Procedencia da materia prima

O Humuluslupulus L. procede de cultivos realizados en Galicia.

Materias auxiliares

Produto final

Condicións de uso esperado do produto

Uso na industria cervexeira, laboratorios de farmacia y parafarmacia, dermocosmetica e outros usos.

FICHA TÉCNICA DO PRODUTO



CONOS DE LÚPULO SECOS


1.- Descrición do produto:

Flor desecada de Humuluslupulus L.


2.- Requirimentos de identificación:

A flor de lúpulo é de cor verde claro, lixeira, de tamaño medio a grande (aproximadamente de 3 a 5 cm. compacta e non moi densa. A sección lonxitudinal ten forma ovoide rematada en punta. No seu interior, hai abundante lupulina de cor amarela intensa. As brácteas e bracteolas mucronadas e agudas, agrúpanse formando filas alternas.


3.- Requirimentos físico - químicos:

HUMIDADE: sempre menor de 12%, preferiblemente entre 7 e 10%


4.- Acondicionamento:

EMBALAXE: en sacos de papel (tamaño sobre grande) ou de plástico alimentario.

ETIQUETAXE: denominación de produto, datos de produtor, cantidade, variedade, parcela de procedencia e data de produción

CONTROL DE PRODUTO REMATADO: limpo sen roturas nin deformacións.

Flor de lúpulo con follas Conos desecados


PELLET DE LÚPULO


1.- Descrición do produto:

Tipo 90. Pellets cilíndricos fabricado en instalación de granulado, formado por gránulos de po de lúpulo moído aglomerado de Humuluslupulus L. Proporciona amargor e aroma de lúpulo para empregar en caldeira de cocción de mosto cervexeiro.


2. -Requirimentos organolépticos:

CONSISTENCIA: sólida que normalmente rompe en forma de po.

ASPECTO: gránulos de forma cilíndrica de aproximadamente 10-15 x 7 mm (lonxitude x diámetro).

COR: verde claro (intensidade dependerá da variedade)

OLOR: forte a lúpulo con aromas marcados e intensos a humuleno.

SABOR: a vexetal, moi amargo.


3.- Requirimentos de identificación:

A flor de lúpulo é de cor verde claro, lixeira, de tamaño medio a grande (aproximadamente de 3 a 5 cm. compacta e non moi densa. A sección lonxitudinal ten forma ovoide rematada en punta. No seu interior, hai abundante lupulina de cor amarela intensa. As brácteas e bracteolas mucronadas e agudas, agrúpanse formando filas alternas.


4.- Requirimentos físico - químicos:

HUMIDADE: sempre menor de 12%, preferiblemente entre 7 e 10%

ALFA ACIDOS: entre 4 e 20% dependendo da variedade.

BETA ACIDOS: entre 2 e 6% dependendo da variedade.

Densidade: 480-550 kg/m3.


5.- Acondicionamento:

EMBALAXE: ao baleiro en bolsas de poliamida-aluminio-polietileno protexidas por caixas de cartón

ETIQUETAXE: denominación de produto, datos do produtor, cantidade, variedade, parcela e data de produción.

CONTROL DE PRODUTO REMATADO: limpo sen roturas nin deformacións.


6.- Almacenamento e manexo:

É aconsellable non amorear máis de dúas alturas os palets.

Almacenar preferiblemente a unha temperatura non superior a 5ºC en envases sen abrir.

Usar as bolsas abertas tan pronto como sexa posible dende a súa apertura para evitar a deterioración dos ácidos amargos e os aceites esenciais.

7.- Caducidade:

Tempo de consumo preferente en refrixeración: 2 anos dende data de produción.

Pellet de lúpulo Envasado Bolsa 1 kg